produtos
Neste almacén salvaxe atoparás láminas decorativas, cuncas artesás e cadernos.
Puntualmente tamén agroman outros produtos, como bolsas de tea ou pins.
LÁMINAS DECORATIVAS

Láminas decorativas cos deseños do catálogo. Impresión a toda cor en papel 250gr e tamaño único de 30x30cm. Posibilidade de lámina personalizada para retratos baixo encarga.
20,00 € (catálogo) / 40,00 € (personalizada)
CUNCAS RETRO

Cuncas de aceiro esmaltado elaboradas en forno artesán. Moi resistentes e duradeiras, con capacidade para 0,4 litros. Non aptas para microondas.
18,00 €
BOLSAS

Bolsas de loneta reciclada 300gr con ilustración impresa por técnica DTF. Dimensións de 39x37cm e certificacións PETA, GRS e FWF.
25,00 €
SERIES DEPETO

Láminas decorativas en pequeno formato, de 14x14cm. Á venta en packs indivisibles de catro unidades agrupadas por temáticas: faros, entroido, agro e megalitismo.
18,00 € (pack 4 láminas)
CADERNOS A5

Cadernos formato A5 con 80 páxinas de papel liso reciclado. Tapas exteriores con ilustración e encadernación de espiral metálica.
8,00 €
CHAPAS

Pins decorativos feitos de aceiro con ilustración en acabado mate. Diámetro de 38mm e peche con prendedor.
3,00 €